5 consellos que che axudan a aforrar enerxía na casa

O día 21 de outubro celébrase o Día Mundial do Aforro de Enerxía. Na actualidade, non deixa de saír nos telexornais a cada momento o enorme incremento no prezo da factura da luz e, por iso, dende a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, queremos darche 5 consellos para que o consumo de enerxía no teu fogar non se dispare.

Que podemos facer para aforrar enerxía no fogar? Non te despegues da pantalla porque cho contamos xa mesmo.

  1. Ten en conta a túa tarifación eléctrica
    Se o que queremos é aforrar enerxía na casa, algo que debes facer sí ou sí é contratar unha tarifa que se axuste ás túas verdadeiras necesidades ou apostar pola discriminación horaria. Comezar por botarlle un ollo á factura da luz é a clave principal para conseguir gastar menos.
  2. As bombillas, sempre LED
    Un xesto sinxelo pode supor un grande aforro. Este é o caso das bombillas LED, que consumen un 80 % menos de enerxía, non dan calor e ademais teñen até unhas 50.000 horas de vida útil.
  3. A importancia de escoller electrodomésticos eficientes
    Á hora de reemprazar electrodomésticos na casa, asegúrate de mercar modelos eficientes, de clase A+ ou superiores. Neste sentido, é recomedable ollar as ofertas dos comercios, xa que sempre se poden atopar bos prezos. E aínda que se ben é certo que calquera electrodoméstico que sexa eficiente vai ser algo máis caro, finalmente o seu prezo vaise ver compensado polo aforro que vai supor o seu uso fronte a outros electrodomésticos de clases menos eficientes.
  4. Aforrar enerxía utilizando de forma eficiente cada electrodoméstico
    Seguindo cos electrodomésticos, vixía como os usas e onde os ubicas. Como podemos aforrar enerxía ao usar os electrodomésticos? No caso da lavadora, escolle sempre unha temperatura entre 40 e 60º, aínda que o ideal é lavar en frío sempre que sexa posíbel, xa que se pode chegar a aforrar até un 60 % de enerxía. Ademais, aproveita toda a súa carga, ao igual que no lavavaixelas, onde se recomenda utilizar o modo eco para aforrar tanto auga coma luz. Rematamos coa neveira, a cal é importante que estea afastada de fontes de calor coma o forno ou a vitrocerámica, xa que do contrario esta consumirá máis enerxía para manter a súa temperatura, que se recomenda que estea entre os 3 e 4º para a neveira e entre os -20 e -18 para o conxelador.
  5. O consumo fantasma, ese gran esquecido
    As regletas serán as túas grandes aliadas se queres evitar o consumo fantasma dos teus pequenos electrodomésticos. Porque sí, aínda que pareza que non, ese pequeno piloto vermello que permanece prendido cando apagamos a televisión está gastando enerxía cada día e se comezamos a sumar gastos, todo conta. Se non queres ter regletas, tamén existe a opción de adquirir enchufes intelixentes,xa que algúns modelos detectan automaticamente cando un electrodoméstico está en stand-by e cesan a transmisión de corrente.

Que che pareceron estes consellos de eficiencia enerxética? Porás algún en práctica?

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?