
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá ese sábado, 26 de agosto, a fase final do concurso “Canta con Ames” a partir das 20.00 horas.
A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro, colabora co concello de Ames, na terceira edición do Canta con Ames, coa donación de catro vales por valor de 100€ cada un para gastar nos establecementos asociados.
Na final, os 12 finalistas terán que interpretar dúas cancións de distinto estilo musical, sen repetir temas entre eles.
Dende esta entidade desexamos moita sorte a todos os participantes.