A Asociación aportou tres vales para o concurso “Canta con Ames”, por valor de 100€ cada un, intercambiables nos establecementos asociados.
A cuarta edición do Canta con Ames celebrouse o 11 de agosto do 2024 organizado pola concellería de Promoción Económica do concello. Distintas empresas do parque empresarial participaron na súa producción que nesta edición tivo cambios sustanciais con respecto ás anteriores, entre elas o aumento dos premios.
Ver nova: La voz de Galicia El Correo Gallego
Ao igual que en edicións anteriores, os trofeos, micrófonos especialmente diseñados para este concurso, foron confecionados en madeira por Silvereira.
Ao igual que se fixo co concurso de canto, tamén se colaborou co Baila con Ames, aportándo cadanseu vale de 100 € por categoría.
Ver nova: El Correo Gallego La Voz de Galicia
As empresas do parque empresarial valoran positivamente esta medida que dinamiza a zona e contribúe a un aumento na productividade comercial.