Acreditación profesional Cámara de Comercio

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, veñen de subscribir un convenio para a difusión, información e orientación do PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.

 

A finalidade do convenio é facilitar a traballadores e traballadoras de empresas da demarcación cameral o procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de unidades de competencia profesionais, que permita recoñecer oficialmente os coñecementos, habilidades e destrezas que unha persona adquire durante a súa práctica profesional ou formativa.

 

 

Requisitos de participación:

 

Os requisitos para participar neste proceso de acreditación masiva son dous:

 

  • O persoal das empresas que pretenda ser acreditado deberá reunir unha experiencia de 2 anos (para o caso de unidades competencias de nivel 1) e de 3 anos (para o suposto de unidades competencias de nivel 2 e 3), ou formación de 200 horas (nivel 1) e 300 horas (niveis 2 e 3) nos últimos dez anos.

 

  • As empresas deberán contar con polo menos 10 traballadores ou traballadoras que opten a mínimo unha unidade competencial específica.

 

 

Pode consultar nesta ligazón o Catálogo Nacional de Estándares de Competencias Profesionais (CNECP)

 

 

Vantaxes para as empresas participantes:

 

O proceso de avaliación e acreditación de competencias profesionais preséntase como unha oportunidade tanto para as persoas traballadoras como para os sectores produtivos.

 

Neste sentido, o proceso comporta unha mellora profesional do capital humano, ao capacitar ás persoas que dispoñen de experiencia laboral ou de vías non formais de formación para obter un certificado de profesionalidade, un título de formación profesional ou ambos recoñecementos, favorecendo a mellora da organización da empresa, adecuando os perfís a cada posto de traballo en base á cualificación demostrada por cada persoa traballadora; e consecuentemente, contribuír á retención do talento e á mellora da competitividade.

 

Ademais, a través deste procedemento o proceso de tramitación pode realizarse de xeito máis áxil e económico que a través do sistema tradicional.

 

 

Qué pasos debes dar?

 

  1. Identifica ao personal da túa plantilla que poida beneficiarse do proceso de acreditación.  
  2. Recompila a documentación necesaria.
  3. Remite a documentación á Cámara para a súa revisión e inscripción en prazo: ata o 15 de outubro.
  4. Prepárate para liderar cun equipo cualificado que reforce o talento interno e a competitividade empresarial.

 

 

En aras a facilitar o proceso, a Cámara pon á disposición das empresas un servizo de asesoramento gratuíto e actuará como entidade intermedia en dito procedemento, revisando e colaborando na recompilación da información e documentación requirida pola Consellería.

 

.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?