Actividades programadas no coworking

OKRs e autoliderado: transforma os teus obxectivos en logros reais.


17 de xullo ás 12:00h

Formación práctica, na que aprenderás a utilizar a metodoloxía OKR (Objectives and Key Results), o famoso sistema de organización que utilizan empresas como Google para manter o foco e medrar.

Aínda que naceu en grandes tecnolóxicas, é unha ferramenta 100% aplicable e útil para a persoas autónomas, emprendedoras, directivas/os e equipos de empresas de calquera tamaño que precisen ordenar prioridades e medir os seus avances con claridade.

Que aprenderás nesta sesión?

– A definir obxectivos claros e a transformar ideas en resultados concretos.

– Ferramentas de autoliderado e organización persoal.

– Claves de xestión do tempo para mellorar a túa produtividade diaria.

Unha xornada participativa deseñada para gañar dirección, tomar mellores decisións e comprometerte co éxito da túa empresa.

A sesión será impartida por Juan Magariños

Máis información e inscricións A proa.

Scroll ao inicio