Ames impulsa a creación das comunidades enerxéticas con novas sesións informativas

O Concello de Ames, a través da Oficina de Transformación Comunitaria (OTC Ames), continúa promovendo a transición enerxética no territorio.

Para abaratar custes en electricidade e formar parte da comunidade enerxética municpal, a OTC terá unha charla informativa:

O xoves, 5 de xuño ás 12:30 na sala Maruxía do espazo municipal A Proa.

A OTC Ames, un espazo que combina recursos físicos e virtuais, ofrece asesoramento, información e acompañamento para a creación de comunidades enerxéticas en Ames e a súa contorna. Este proxecto articulado polo Instituto para a Diversificación e  o aforro da Enerxía (IDAE) conta coa financiamento procedente dos fondos europeos Next Generation, a Deputación da Coruña e o propio Concello.

Dende a súa posta en marcha, a OTC Ames organizou varias sesións informativas dirixidas a cidadanía, entidades e empresas, co obxectivo de fomentar a creación de comunidades enerxéticas. Nestes encontros, os asistentes puideron coñecer en primeira persoa qué é a OTC Ames, qué funcións cumpre, e qué sono exactamente as comunidades enerxéticas, ademais de aprender cómo poden beneficiarse delas e qué pasos seguir para a súa posta en marcha. Tamén se resolveron dúbidas e xerouse un espazo o debate sobre o papel da cidadanía na transición enerxética.

Actualmente, la OTC Ames ofrece este servizo especialmente dirixido o tecido empresarial de Ames, co fin de potenciar a participación e o desenvolvemento de iniciativas enerxéticas comunitarias na zona.

É importante destacar que no Concello de Ames está en proceso a constitución dunha Comunidade Enerxética, chamada CE Ames Solar, un paso clave para avanzar cara a  un modelo mais sostible e participativo. A OTC Ames funciona como unha portelo único, onde calquera persoa ou entidade interesada pode obter toda a información necesaria para iniciarse como comunidade enerxética, facilitando así un acceso eficiente e efectivo a aspectos técnicos, administrativos, sociais e xurídicos.

O obxectivo principal de estas xornadas e do programa en xeral é que, de maneira progresiva, toda a cidadanía e o tecido empresarial poidan beneficiarse das vantaxes que ofrecen as comunidades enerxéticas, promovendo un modelo de transición enerxética inclusivo y participativo en Ames.

¡Se estás interesado ou interesada en formar parte e beneficiarte da transformación enerxética de Ames, non dubides en contactar connosco ou coa OTC Ames!

¡Anímate a formar parte desta iniciativa e axúdanos a construír un futuro mais verde e colaborativo!

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?