Medición de radón

O único xeito de saber se un edificio está afectado polo radón é realizar unha medición

 

 

 

A exposición ao radón no lugar de traballo está regulada no Real Decreto 1029/2022, do 20 de diciembre, polo que se aproba o Reglamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes. Este Real Decreto establecía a obriga de facer medicións de gas radón en lugares de traballo subterráneos e en lugares donde se procese, manipule ou aproveite augua de orixe subterráneo.

A partir do 22 de xuño do 2024, este Real Decreto establece a obriga de realizar medicións de gas radón en todos os lugares de traballo situados no andar rasante (sótanos) ou no baixo dos termos municipais de actuación prioritaria.

Tense que determinar o promedio anual da concentración do radón nos postos de traballo e se se supera o nivel de referencia establecido de 300 Bq/m3, débese planificar e adoptar as medidas necesarias para reducir a súa exposición, segundo o principio de optimización.

O radón é un gas radiactivo de orixe natural, producto da desintegración do uranio, presente de forma natural na corteza terrestre. Ao tratarse dun gas radiactivo, as técnicas de medición baséanse na detección das emisións producidas durante a súa desintegración, principalmente na emisión das partículas alfa.

A Axencia Internacional de Investigación do Cáncer (IARC) inclúe o gas radón dentro do Grupo 1 de carcinogénicos para os humanos xunto o tabaco, a exposición á radiación solar, as bebidas alcohólicas e as carnes procesadas.

A empresa Ventilatio Lab, Spin-off da facultade de física na USC, púxose en contacto con esta asociación, para ofrecer información sobre o control da calidade do aire en edificacións. O seu traballo disminueu a niveis ínfimos a concentración de tóxicos volátiles, como  CO2 ou Radón. Está dedicada a asegurar o control de radón nun espacio determinado tendo en conta as condicións ambientais, as entradas de aire, a posición do mobiliario e os ocupantes.

O sistema referido,  é idóneo para edificios encuadrados nas zonas de actuación prioritaria por exposición ao Radón (Zona II) e que polas súas características hai que solicitar os permisos para a realización de obras que mitiguen as concentraciones deste gas radiactivo en interiores.

A cantidade de gas acumulado está directamente relacionado coas vías de acceso do radón nas vivendas e varía moito en cada recinto en función de:

• A composición do terreo.
• Os materiais de construcción.
• As condicións de ventilación dos recintos cerrados.
• A orixe da auga corrente.
• O uso dos productos enerxéticos (carbón, petróleo, gas,…), etc.

Debido a isto é moi importante determinar a concentración media do radón nas vivendas e lugares de traballo co fin de poder determinar as dosis medias recibidas polas persoas que alí viven ou traballan.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?