A recente entrada en vigor da nova Ley de Protección de Informantes (Ley 2/2023, de 20 de febrero), reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, trouxo consigo a obriga, para todas as empresas de máis de 50 traballadores, de imprantar canles de denuncia para a comunicación de infraccións de distinta índole (penal, laboral, administrativa, etc). Esta nova normativa (coñecida tamén como normativa Whistleblowing) está abrindo numerosos interrogantes.
Esta norma pon de actualidade a necesidade de definir e levar a cabo un programa ou sistema de xestión de compliance que permita identificar e avaliar riscos legais aos que se ve exposta a empresa.
Dende o pasado 13 de marzo é obrigatorio, para as empresas de máis de 50 traballadores, contar cun Buzón de Denuncias Interno que permita aos profesionais realizar denuncias laborais anónimas.