Auga filtrada directamente da billa: unha alternativa sen plásticos para o día a día

A agua do grifo é potable. Pero, bebemola? En canto á agua embotellada, os análisis revelan que está lonxe de ser perfecta, principalmente polo residuo plástico.

Os filtros AUGAPLUS ofrecen unha solución práctica para dispoñer de auga filtrada directamente na billa, reducindo a necesidade de utilizar botellas de plástico dun só uso.

Abres a billa e tes auga filtrada lista para beber e cociñar. Así de sinxelo pode ser o día a día cun sistema de filtración doméstico, unha opción cada vez máis presente nos fogares que buscan reducir o consumo de plástico sen complicarse a vida.

A idea é tan práctica como sostible: desaparecen as botellas de plástico da compra. Xa non hai que cargar con paquetes pesados dende o supermercado, nin buscar espazo na cociña ou na despensa para almacenalas, nin xestionar despois os envases baleiros. A auga chega filtrada á billa, en cantidade ilimitada e no momento en que se necesita.

Menos residuos, menos carga e máis espazo na casa

Dende o punto de vista ambiental, apostar pola auga filtrada na billa axuda a reducir a xeración de residuos plásticos dun só uso e o transporte asociado á súa distribución. Dende o punto de vista doméstico, supón un aforro ,de tempo, de esforzo e de espazo.

É a mellor solución para protexer a túa saúde

Ademais, a auga filtrada serve para todos os usos da cociña: beber, preparar infusións e café, cociñar arroz, pasta ou verduras, ou encher a xerra da mesa, sempre ao alcance da man.

Para coñecer máis de preto esta alternativa, sortearase un filtro cedido por AUGAPLUS, empresa especializada en solucións de filtración de auga para o fogar. O premio permitirá a unha persoa afortunada comprobar de primeira man as vantaxes de dispoñer de auga filtrada na súa propia billa.

Este sorteo, forma parte do concurso de Instagram dentro da campaña Sabor e Saúde do Parque Empresarial do Milladoiro e promove a participación nos modelos que se suman á sostebilidade.

Máis información sobre os filtros e as solucións de AUGAPLUS na súa web: www.augaplus.es

Scroll ao inicio