Acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas
e medianas empresas:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou
xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do número 1 anterior.

    www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioO92-111225-0001_gl.html

    Scroll ao inicio
    Abrir chat
    Ola, son Salomé. 👋
    En que podo axudarche?