O comercio retallista é un sector en constante evolución que ten que adaptarse á realidade actual e dar resposta aos novos hábitos de compra das persoas consumidoras. Co obxectivo de impulsar a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade do comercio local e artesanal, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca estas axudas, distinguindo tres liñas de acción:
1ª. A dixitalización e a innovación.
2ª. A modernización da actividade comercial e artesanal.
3ª. A sustentabilidade ambiental e a eficiencia de recursos a través do desenvolvemento de novos conceptos, o emprego de materiais con menor impacto, a eliminación de materiais plásticos e envases e a redución do consumo de recursos naturais.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1.1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
b) Que, teñan a condición de PEME
c) Que, tendo a consideración de peme, teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego, no establecemento comercial para o cal se solicita a subvención.
d) Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda:
1º. Co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución.
2º. Coa actividade principal do establecemento indicado na solicitude. Esta actividade deberá estar encadrada nalgunha das epígrafes relacionadas nos anexos II e III.
No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, tamén deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
e) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
1.2. Obradoiros artesáns:
1. Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014.
3. No caso dos comerciantes retallistas, tampouco poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles que fosen beneficiarios na convocatoria anterior do procedemento CO300C para o mesmo establecemento comercial.
Exceptúanse do establecido no punto anterior e poderán ser beneficiarios os comercios retallistas para aqueles supostos en que, pola natureza da actuación, non sexa susceptible a súa conservación.
O prazo para solicitar estas axudas finaliza o 16 de febreiro 2026
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260108/AnuncioG0767-261225-0001_gl.html
