Obxecto
Aprobar as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os
Premios EMAS de sostibilidade empresarial de Galicia 2026 (código de procedemento
MT976C).
A finalidade destes premios é recoñecer e poñer en valor as organizacións rexistradas,
no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no Sistema comunitario de xestión e audi
toría medioambientais (EMAS) que destaquen polo seu compromiso coa mellora ambiental
continua, a transparencia e a aplicación de boas prácticas de sostibilidade en Galicia.
Estes premios teñen carácter honorífico e carecen de dotación económica.
Participantes
Poderán participar, mediante a presentación de candidaturas, as entidades públicas ou
privadas que na data de publicación da convocatoria estean inscritas no rexistro galego de
centros adheridos ao Sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS),
cunha antigüidade mínima ininterrompida de tres anos no dito rexistro e que se atopen ao
día na presentación das correspondentes declaracións ambientais.
Modalidades e características dos premios
- Categoría A: Premio EMAS Galicia-pequena organización. Dirixido a empresas, Admi
nistracións públicas e outras entidades que conten con menos de 50 persoas traballadoras
na data de publicación da convocatoria. - Categoría B: Premio EMAS Galicia-mediana organización. Dirixido a empresas, admi
nistracións públicas e outras entidades que conten con entre 50 e 249 persoas traballado
ras na data de publicación da convocatoria. - Categoría C: Premio EMAS Galicia-grande organización. Dirixido a empresas, admi
nistracións públicas e outras entidades que conten con 250 ou máis persoas traballadoras
na data de publicación da convocatoria.
