Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvención das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación (código de procedemento TR301P).
Entidades beneficiarias: Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e as agrupacións temporais de empresas. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 1 de decembro de 2026, ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible. A modalidade de formación será presencial.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260107/AnuncioG0767-121225-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260107/AnuncioG0767-121225-0001_gl.html
Para as empresas que non teñan unidade de formación, lembramos que no parque empresarial existe a vosa disposición un instituto de formación en C/ Palmeiras, 21-A: forGA
