Axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2025

Estas axudas están destinadas a apoiar a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre unha empresa galega e outras, ou entre dúas ou máis empresas galegas. Estes proxectos poden incluír, entre outros, ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos de coordinación entre un líder industrial e as pemes que integran a súa cadea de valor.

Para unha correcta interpretación desta convocatoria debe terse en conta que ao longo destas bases farase referencia aos seguintes conceptos:

• Modalidade de proxecto: para distinguir entre proxectos individuais e colectivos.

• Tipo de proxecto: para clasificar os proxectos en función do importe total subvencionable.

• Tipoloxía: para clasificar o alcance e obxectivo do proxecto que se quere levar a cabo.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Desenvolvemento de interfaces dixitais para as súas interaccións de negocio ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares), e melloras en ciberseguridade.

3º. Implementación de sistemas de dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral, tales como ERP, CRM e similares.

4º. Mellora da función loxística da empresa, a través da implantación de solucións dixitais, nalgunha das seguintes áreas:

– Dixitalización e automatización:

• Automatización e/ou robotización de procesos loxísticos, incluíndo carga e descarga, almacenaxe, transporte e distribución.

• Xeolocalización e sensorización para o control de localizacións con fins como rastrexabilidade, vixilancia e localización de cargas, contedores e medios de transporte.

• Aplicación de vehículos autónomos e elementos auxiliares para automatizar operacións de transporte interno ou de carga e descarga.

– Procesos e aplicacións:

• Desenvolvemento e adaptación de contratos intelixentes e xestión de información mediante blockchain.

• API colaborativas e sistemas de intercambio de datos.

– Virtualización e analítica de datos:

• Aplicación de realidade virtual e/ou aumentada nos procesos loxísticos.

• Uso de algoritmos e análise de datos aplicados aos procesos loxísticos.

• Simulación e virtualización de procesos loxísticos.

b) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador, aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Implantación dun sistema dixital común para mellorar as interaccións dixitais entre elas.

2º. Sistemas colectivos de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares).

3º. Implantación dun sistema de dixitalización de procesos ou de xestión integral, deseñado especificamente para o ámbito de actividade das empresas que participen no proxecto colectivo.

4º. Implantación dun sistema común para mellorar a función loxística nas áreas definidas no punto 1.a) 4º deste artigo.

Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menor de 50.000 €.

• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.

• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

O Igape poderá reclasificar os proxectos entre modalidades e tipos no caso de que a clasificación proposta pola empresa non sexa correcta.

Enlace ao DOG

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?