Bases do Sorteo Cea San Valentín

Organizador 

Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro (AEPEM).

Premio do sorteo

Unha cea para 2 persoas, o día 14 de febreiro do 2024 (día de San Valentín) ás 21:30 h en La Central (Rúa Do Buxo, n.º 2, O Milladoiro-Ames, A Coruña).

Participantes

Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos.  

A persoa que resulte gañadora poderá facer cesión da cea, ben sexa para regalo ou por non poder acudir. Neste caso, as persoas que finalmente desfruten do premio, deberán aceptar as bases do sorteo.

Forma de participación

Cumprir cos seguintes 4 PASOS:

      1. Cubrir o formulario para o sorteo dispoñible na web da AEPEM.
      2. Seguir a nosa conta de Instagram ou Facebook.
      3. Dar “ Me gusta” a calquera das publicacións do sorteo.
      4. Mencionar a algún amig@.

    Data de inicio do sorteo

    O 25 de xaneiro de 2024 ás 00:00 h.

    Data de fin de inscrición no sorteo

    O 11 de febreiro de 2024 ás 23:59 h.

    Lugar e hora de celebración do sorteo

    Na oficina da AEPEM, o 12 de febreiro ás 12:00 h. O sorteo será retransmitido por streaming.

    Extraeranse 3 papeletas cos códigos correspondentes a tres dos participantes inscritos que serán, por orde de saída, o gañador, primeiro suplente e segundo suplente. Poñerémonos en contacto co gañador a través dunha chamada telefónica ó longo do día do sorteo. Se non puidésemos contactar con el, nos 3 intentos que se farán a distintas horas, chamaremos ó primeiro suplente e, de ser necesario, ó segundo suplente, nas mesmas condicións.

    Consentimento

    O agraciado ou agraciada consinte que a súa imaxe sexa empregada como garantía de celebración da cea e sexa publicada en redes como xustificación desta actividade.

                En O Milladoiro, a 22 de xaneiro de 2024.

    Scroll ao inicio
    Abrir chat
    Ola, son Salomé. 👋
    En que podo axudarche?