O concurso de fotografía é unha actuación promovida pola Asociación de Empresarios, que pretende mediante a imaxe e a súa reflexión, fomentar a participación da cidadanía na actividade do parque Empresarial do Milladoiro.
O colectivo de empresas da zona comprométese con este certame que descubre novas vocacións, conferindo prestixio á zona, ao mesmo tempo que axuda a consolidar aos grandes aficionados.
Realización de imaxes de calidade, ubicadas no Parque Empresarial do Milladoiro.
Realizada con calquera tipo de técnica e estilo, primando o enfoque comercial da fotografía.
Todas as fotografías deberán ser orixinais e inéditas e estar localizadas no parque empresarial do Milladoiro. Cada participante poderá presentar unha fotografía como máximo. No caso que non se detecte a simple vista a ubicación, deberán indicar expresamente o emplazamento en que foi quitada a fotografía.
Poden participar neste certame todas as persoas residentes en España, con independencia do seu lugar de orixe e sen límite de idade, coa excepción dos membros do xurado.
A inscripción é gratuita. Os participantes aceptan as bases do concurso ao presentar as súas obras.
Temática: Parque empresarial do Milladoiro, visión da empresa actual.
Lugar: Polígono do Milladoiro, na zona de naves comerciales e LOFTS.
As fotografías poden ser das instalacións, do equipo humano, dos produtos, dos eventos ou de calquera actividade económica que as empresas realicen na súa ubicación. Co permiso da empresa tamén poderán ser fotografiados os espazos interiores das naves ou LOFTs, xerando así, correspondencia entre o fotógrafo e os espazos de traballo.
Estarán inscritas no campo do fotodocumentalismo ou reportaxe en xeral.
Deberán ceñirse á temática económica e serán realizadas dentro do término xeográfico do Parque Empresarial de Milladoiro, valorándose especialmente as obras que reflexen os elementos máis representativos e identificables das empresas, conseguindo unha óptica dinámica da actividade que se representa na zona, captando especialmente a participación humana. A tendencia nesta edición é empregar a labor artística dos participantes para transmitir unha visión positiva das nosas empresas e compartila coa sociedade.
Permitirase unha fotografía por persona, que deberá ser enviada xunto co título da obra, e os seus datos persoais á dirección de correo electrónico:
certamefotografico@aenovomilladoiro.com
En asunto deben poñer: “Certame fotográfico” + o título da fotografía.
É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: nome, apelidos, data de nacemento, DNI, dirección, mail e teléfono de contacto (preferiblemente móbil).
A Asociación de Empresarios non gardará nin utilizará os datos persoais de ningún dos participantes, salvo os necesarios para identificar cada fotografía.
Plazo de entrega
Exposición
Dada a relevancia que presenta o concurso e que abarca un ámbito comarcal, as obras serán expostas en varias salas:
Será a propia Asociación a encargada de imprimir as fotografías para que poidan formar parte das distintas exposicións físicas.
Pola limitación da sala, no caso en que o número de obras presentadas fora superior a 100 o xurado elixirá as que se expoñerán físicamente.
Todos os premios estarán sometidos á retención correspondente.
Outro atractivo desta medida é a gala de entrega de premios, ideada como unha actividade para compartir en familia. Esta é a razón pola cal todas as persoas, participantes ou non, están invitadas a asistir ao desenvolvemento do acto donde se proxectarán as fotografías e comentarán os seus títulos, no pase que terá lugar no salón de Actos da Casa de Cultura de O Milladoiro.
As invitacións poderán recollerse na oficina da asociación e nos establecementos asociados.
Gala de entrega de premios: xoves, 19 de decembro de 2024.
A cada un dos participantes agasaráselles con rifas para o sorteo da cesta de nadal da Asociación de Empresarios, que poderán recoller na oficina da asociación mostrando o seu carnet, documento acreditativo de que participaron, antes do 22 de decembro 2024.
A imaxe orixinal será obtida por captación directa da luz.
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas. Non poden ser publicadas en ningún medio ata o remate do certame.
Poderán ser alteradas dixitalmente, sempre e cando se detecte a simple vista a conexión clara co parque empresarial.
Todos os arquivos serán en formato JPEG ou JPG e deberán estar en alta resolución.
En caso de que a Asociación o solicite, deberá acreditarse por escrito a propiedade intelectual das imaxes presentadas.
Non se aceptarán imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á legalidade vixente.
As fotografías serán realizadas acorde ao dereito á propia imaxe, complementario ó dereito á intimidade. Este dereito garantiza a protección do que se consideran as cualidades definitorias dunha persoa.
As fotografías nas que aparezan persoas recoñecibles deberán ir acompañadas dunha carta firmada por ditas persoas autorizando o uso da súa imaxe.
A Asociación de empresarios resérvase o dereito de veto por se alguna imaxe fose contraria á legalidade ou se mostrasen a persoas en accións pouco dignificantes.
O prazo para a presentación das obras comenzará o 28 de outubro e rematará o 2 de decembro do 2024.
1º Premio Tesec: 500 €
2º Premio Fílmate Estudios Fotográficos: 400 €
3º Premio Técnicas Constructivas de Ocio: 300 €
A todos os premios se lles practicará as retencións de impostos que procedan.
O xurado estará presidido polo presidente da Asociación e formarán parte do mesmo dúas persoas de recoñecido prestixio dentro do ámbito da fotografía, e dous representantes do Concello. Actuará como secretaria do xurado a técnico da Asociación, sen voto.
O xurado terá como finalidade a valoración e selección das obras presentadas, completando co seu criterio as omisións ou dúbidas que puideran plantexar a interpretación destas bases. O seu fallo será inapelable.
O fallo do certame farase público o día da celebración da gala de entrega de premios, que haberá que recoller persoalmente, ou, no seu caso, mediante delegación transmitida por escrito.
O xurado valorará a idea expresada pola obra respecto aos obxectivos do concurso, así como a expresión artística da mesma e a súa calidade fotográfica: encadre, enfoque, luminosidade, creatividade, etc. Puntuaránse conceptos como a seguridade industrial ou as boas prácticas no comercio e no consumo.
As fotografías presentadas poderán ser utilizadas en actividades da entidade organizadora.
O concursante manifesta e garantiza ser o único titular de tódolos dereitos de autor da fotografía que presenta a concurso e responsabilízase totalmente de toda a reclamación frente a terceiros derivada do incumprimento da citada garantía.
A gala terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro, o xoves 19 de decembro de 2024 ás 20:30 horas. Na mesma, daranse a coñecer os gañadores.
Esta gala indica o remate do certame.