BASES XI CERTAME DE FOTOGRAFÍA COMERCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DO MILLADOIRO
O concurso de fotografía é unha actuación promovida pola Asociación de Empresarios, que pretende mediante a imaxe e a súa reflexión, fomentar a participación da ciudadanía na actividade do parque Empresarial do Milladoiro.
O colectivo de empresas da zona comprométese con este certame que descubre novas vocacións, conferindo prestixio á zona, ao mesmo tempo que axuda a consolidar aos grandes aficionados.
1.- OBXETIVO
Realización de imaxes de calidade, creando unha estética das construccións eminentemente funcionales, ubicadas no Parque Empresarial do Milladoiro.
Realizada con calquera tipo de técnica e estilo, primando o enfoque comercial da fotografía.
Todas as fotografías deberán ser orixinais e inéditas, actuais e estar localizadas no parque empresarial do Milladoiro.
2.- PARTICIPANTES
Poden participar neste certame todas as persoas residentes en España, con independencia do seu lugar de orixe e sen límite de idade, coa excepción dos membros do xurado e equipo da organización.
Cada participante poderá presentar unha fotografía como máximo, realizada con calquera técnica fotográfica, ben sexa en cor ou en branco e negro, sempre que se detecte a simple vista a relación con este parque empresarial.
A inscripción é gratuita.
Os participantes aceptan as bases do concurso ao presentar as súas obras.
3.- TEMA
Temática: Comercial-empresarial
Parque empresarial do Milladoiro: Visión da empresa actual
Lugar: Polígono do Milladoiro, na zona de naves comerciales e LOFTS.
As fotografías poden ser das instalacións, incluídas as fachadas das naves, do equipo humán, dos productos, dos eventos ou de calquera actividade que as empresas realicen na súa ubicación. Co permiso da empresa tamén poderán ser fotografiados os espazos interiores das naves ou LOFTs, xerando así, correspondencia entre o fotográfo e os espazos de traballo.
Poden ser realizadas con calquera tipo de técnica e estilo, primando o enfoque comercial da fotografía, tentando crear unha estética do Parque Empresarial do Milladoiro ou das actividades económicas que aquí se desenvolven. Estarán inscritas no campo do fotodocumentalismo ou reportaxe en xeral.
Deberán realizarse dentro do término xeográfico do Parque Empresarial de Milladoiro, valorándose especialmente as obras que reflexen os elementos máis representativos e identificables das empresas, conseguindo unha óptica dinámica da actividade que se representa na zona, captando especialmente a participación humana. A tendencia nesta edición é emplear a labor artística dos participantes para transmitir unha visión positiva da empresa e compartila coa sociedade.
4.- PRESENTACIÓN DAS OBRAS
Permitirase unha fotografía por persona, que deberá ser enviada xunto co título da obra, e os seus datos persoais á dirección de correo electrónico: foto@aenovomilladoiro.com. O nome do arquivo a enviar, será o título da obra.
En asunto deben poñer: Certame fotográfico: “Título da fotografía”. Para unha maior uniformidade, o título debe ir en galego.
É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: Nome, apelidos, nº de NIF / NIE, dirección, mail, teléfono de contacto (preferiblemente móbil).
A Asociación de Empresarios non gardará nin utilizará os datos persoais de ningún dos participantes, salvo os necesarios para identificar cada fotografía.
Plazo de entrega
- Inicio: 27 de outubro do 2025.
- Finalización: 30 de novembro de 2025, ás 23:59
Exposición
- Casa de Cultura de O Milladoiro: do 18 de decembro de 2025 ate o 31 de xaneiro de 2025.
- Sede da AEPEM a partir do 7 de febreiro 2026.
- Redes sociais da asociación.
Pola limitación da sala, no caso en que o número de obras presentadas fora superior a 80, o xurado elixirá as que se expoñerán físicamente.
Todos os premios estarán sometidos á retención correspondente.
5.- LIMITACIÓNS TÉCNICAS
A imaxe orixinal será obtida por captación directa da luz.
As fotografías deberán ser actuais, orixinais e inéditas. Non poden ser publicadas en ningún medio ata o remate do prazo de entrega.
Poderán ser alteradas dixitalmente, sempre e cando se detecte a simple vista a conexión clara co parque empresarial.
Todos os arquivos serán en formato JPEG ou JPG e deberán estar en alta resolución.
En caso de que a Asociación o solicite, deberá acreditarse por escrito a propiedade intelectual das imaxes presentadas.
Non se aceptarán imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á legalidade vixente.
As fotografías serán realizadas acorde ao dereito á propia imaxe, complementario ó dereito á intimidade. Este dereito garantiza a protección do que se consideran as cualidades definitorias dunha persoa.
As fotografías nas que aparezan persoas reconocibles deberán ir acompañadas dunha carta firmada por ditas persoas autorizando o uso da súa imaxe.
A Asociación de empresarios resérvase o dereito de veto por se alguna imaxe fose contraria á legalidade ou se mostrasen a persoas en accións pouco dignificantes.
6.- PREMIOS
Premios:
1º Premio: 500 €
2º Premio: 400 €
3º Premio: 300 €
A todos os premios se lles practicará as retencións de impostos que procedan.
7.- XURADO
O xurado estará presidido polo presidente da Asociación. e formarán parte do mesmo dúas persoas de recoñecido prestixio dentro do ámbito da fotografía e o arte, e dous representantes do Concello. Actuará como secretaria do xurado a técnico da Asociación, sen voto.
O xurado terá como finalidade a valoración e selección das obras presentadas, completando co seu criterio as omisións ou dúbidas que puderan plantexar a interpretación destas bases. O seu fallo será inapelable.
O fallo do certame farase público o día da celebración da gala de entrega de premios, que haberá que recoller persoalmente, ou, no seu caso, mediante delegación transmitida por escrito.
8.- CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OBRAS
O xurado valorará a idea expresada pola obra respecto aos obxetivos do concurso, así como a expresión artística da mesma e a súa calidade fotográfica: encadre, enfoque, luminosidade, creatividade, etc.
Puntuaranse conceptos como a seguridade industrial ou as boas prácticas no comercio e no consumo.
9.- LICENCIA
As fotografías presentadas poderán ser utilizadas no presente concuso pola entidade organizadora. Os premiados outorgan á AEPEM unha licencia suficiente sobre os dereitos de reproducción, publicación, distribución, comunicación pública e posta a disposición da súa obra.
O concursante manifesta e garantiza ser o único titular de tódolos dereitos de autor da fotografía que presenta a concurso e se responsabiliza totalmente de toda a reclamación frente a terceiros derivada do incumplimento da citada garantía.
10.- GALA DE ENTREGA DE PREMIOS
A gala de entrega de premios terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro, xoves, 18 de decembro 2025 ás 20:30 horas. Na mesma, daranse a coñecer os gañadores.
Durante o seu desenvolvemento, proxectaranse as fotografías presentadas e comentando o seu título,.pola persoa que presente a gala.
Dado o aforo do salón, os participantes poden asistir acompañados.
