Bo asesoremento na escolla do material de descanso

Todas e todos coñecemos moitos , ou algúns , dos factores a ter en conta á hora de escoller o noso equipo de descanso . O peso, unha alta temperatura corporal , o feito de durmir en parella ou a base da que dispoñemos, deberan de condicionar a nosa elección no momento de mercar un colchón , incluso por riba do factor económico e por suposto , a anos luz, de condicionamentos estéticos.

Por todo isto faise imprescindible un bo asesoramento, onde o coñecemento dos procesos de fabricación e dos materiais empregados se complemente cun trato cercano baseado nas experiencias e suxestións adquiridas ao longo do tempo . No noso caso son case trinta anos adicados ao sector do descanso, tanto no que se refire a productos de colchonería, como a todo o relacionado coa tapicería ( sofás, butacas … )

Resultará doado entender que somos os pequenos e medianos comercios os máis preparados e dispostos a ofertar estes servizos xa que , na evidente desventaxa na que se nos posiciona con respecto ás grandes superficies , o coñecemento do material e unha relación praticamente de amizade cós nosos clientes, resultan fundamentais para sobrevivir no día a día. Os elevados custes dunha publicidade realmente efectiva , fan do boca a boca , senón a única , a arma máis precisa para chegar a un público bombardeado diariamente por unha morea de ofertas que, a pesar de ser dificilmente cribles e matemáticamente imposibles, causan o efecto desexado inoculando no cliente o falso pensamento de que sempre podemos atopar o mesmo producto un pouco máis barato. Como se non resultara evidente que o abaratamento sempre pasa por restar, ben sexa nos operarios de producción ou ben nos compoñentes de fabricación .

E así , con profesionalidade e amor polo que facemos, competimos no día a día , dando a cara nun mundo no que , cada vez máis, estamos abocados a confiar as nosas necesidades a persoas e entidades agochadas trás a pantalla do noso móvil.

En Nattex Compostela traballamos todos os días elexindo para a nosa exposición, a millor variedade, baseando o noso criterio nas experiencias e achegas dos nosos propios clientes e por iso, ata febreiro do 2026 , imos facer un importante esforzo para poder ofertar , na nosa tenda, tres dos colchóns máis demandados ao longo dos últimos anos. Para isto , vimos de adquirir unha importante partida destes tres modelos nas medidas máis demandadas, aproveitando excendentes de telas de primeira calidade, para realizar unha gran liquidación que resulte realmente unha oportunidade.

Como sempre a entrega será gratuita e ,en ditos modelos ,no prazo máximo dunha semana .

Lembrar tamén as posibilidades de financión a medida.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?