III edición dos Bonos Activa Comercio

Programa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, no que cómpre rexistrarse a través da páxina web www.bonosactivacomercio.gal.

A partir do luns, 15 de maio, o cliente pode descargar os descontos de 30 euros do Bono Activa Comercio e os establecementos poderán adherirse ate o 1 de setembro 2023

Como en anteriores ocasións, as persoas consumidoras poderán descargar a través da web un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. Os bonos teñen formato QR dixital e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil.

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros;  a rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros e a partir desta cantidade o desconto alcanzará os 15 euros.

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga e uso por parte dos consumidores desde o 15 de maio e ata o 15 de setembro, salvo esgotamento previo do orzamento destinado a este programa.

Como principal novidade desta edición do Bono Activa Comercio, e para optimizar o seu funcionamento, non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos —un por persoa—, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?