Parque Empresarial do Milladoiro · Ames

Sabor e Saúde no Polígono

Come ben, móvete mellor.

Do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2026

Durante dous meses, os establecementos do parque empresarial premian o consumo local. Podes participar desde o primeiro día e sen inscribirte en nada.

01

Acción · Consumo local

Pasaporte Saudable

Un carné gratuíto de 10 selos. Cando o completas, cámbiao por unha cea.

  1. 1

    Pide o teu pasaporte

    Recólleo en calquera dos establecementos adheridos. É de balde.

  2. 2

    Suma selos

    Cada consumición superior a 10 € suma un selo no teu carné.

  3. 3

    Completa 10 selos

    De polo menos 3 establecementos distintos do parque empresarial.

  4. 4

    Cámbiao por unha cea

    Leva o pasaporte completo ao Restaurante La Central ou a Universo Milongas.

Un pasaporte, unha cea. A persoa acompañante abona o seu menú. Prazo de canxe ata o 31 de outubro e ata fin de cupóns.

02

Acción · Redes sociais

Concurso en Instagram e Facebook

Dous sorteos entre as persoas que participen na publicación do concurso. 14 premios e 14 persoas premiadas en cada sorteo.

01

«gústame» á publicación do sorteo en @aepemilladoiro.

02

Menciona dúas amizades nos comentarios.

03

Comparte a publicación nas túas Stories. É opcional.

Que podes gañar

Compra

Bono de 200 €

en Nattex Compostela

Sostibilidade

Filtro de auga KM.0

auga filtrada na casa

Movemento

Clases dirixidas

en Gym Unit 365

Benestar

Sesións de fisioterapia

Clínica Laura Míguez

Estadía

1 noite de hotel

no Hotel Payro

Estadía

1 noite de hotel

no Hotel B&B

Ninguén pode levar máis dun premio no mesmo sorteo. Os premios recóllense en persoa na oficina da Asociación. Ata 14 premios.

28 de setembro

Primeiro sorteo

Participación aberta desde o 1 de setembro.

19 de outubro

Segundo sorteo

Require participar de novo na publicación correspondente.

03

Establecementos adheridos

Onde podes selar

Consumo directo ao público nos seguintes locais do parque empresarial.

  • Sela e cambia

    Restaurante La Central

  • Sela e cambia

    Universo Milongas

  • Sela

    Gym Unit 365

  • Sela

    Clínica fisioterapia Laura Míguez

  • Sela

    Hotel Payro

  • Sela

    Hotel B&B

O pasaporte completo cámbiase por unha cea só en La Central ou en Universo Milongas.

Podes consultar e descargar as bases legais da campaña de dinamización comercial “Sabor e Saúde” neste enlace.

Empresas que apoian a campaña

Sobre a campaña

Tres eixos, unha veciñanza máis saudable

«Sabor e Saúde no Polígono» é unha iniciativa da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro, co apoio do Concello de Ames e da Deputación da Coruña.

Sabor

Hostalería e comercio local

Impulso ao consumo nos establecementos do parque empresarial.

Saúde

Hábitos saudables

Fomento do movemento e do benestar entre quen traballa no parque.

Sostibilidade

Menos plástico

Promoción da auga filtrada para reducir o consumo de plástico.

Unha iniciativa de · Colaboran · Subvencionan

Scroll ao inicio