Celebración da charla informativa sobre facturación e control horario

Charla para empresas e autónomos

O pasado 12 de novembro, a través da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, levouse a cabo unha charla moi produtiva para empresas e autónomos sobre a adaptación ás novas obrigas en materia de facturación electrónica e rexistro horario dixital.

Na xornada, os profesionais Jesús Franco, Iago Ben, Natalia Barros, José Ignacio Rodríguez e Fátima Cambeiro explicaron os pasos necesarios para implementar estes sistemas e presentaron numerosos factores a ter en conta coa entrada en vigor destas normativas.

A charla, cunha asistencia moi participativa, serviu para aclarar moitas dúbidas sobre o que implican estas leis e a súa adaptación ao entorno profesional.

Desde a Asociación, queremos agradecer a asistencia de todos os participantes ao evento e esperamos vervos de novo próximamente.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?