CENOR gaña o premio á Distinción Empresarial

O director financieiro de CENOR, Fran Marzoa, acompañado do director de marketing, Sergio Díaz, recolleron o premio á Distinción Empresarial otorgado pola Asociación do parque empresarial.

Xunto coa productividade, a sostenibilidade é outra das materias estratéxicas da asociación. Potenciar e difundir boas prácticas, para o enriquecimiento do texido empresarial medrando na tendencia actual da disminución da pegada de carbono, foi o aliciente clave para que CENOR obtivera este premio.

Nesta quinta edición dos premios, quérese recompensar o traballo ben feito dunha empresa que descubreu na Central de Compras a forma de competir no mercado dando o impulso necesario ás tendas de barrio en electrodomésticos.

O Coidado e información adecuada ao cliente é outra das fortalezas deste grupo de tendas que poseen máis de 200 establecementos en toda Galicia.

Ademáis, CENOR, desenvolve un importante compromiso social que se materializa nos premios Solidarios CENOR e non só isto, se non que está altamente implicado co deporte en tódalas suas modalidades, fomentando hábitos saludables.

É un exemplo a seguir en innovación, tanto administrativa como tecnolóxica. Foi das primeiras empresas en incorporar paneis solares ás súas instalacións, e na actualidade disfruta de unha ampla rebaixa na factura eléctrica.

Afronta a xestión diaria con capacidade para desenvolver proxectos no mercado español, fundamentalmente centrándose no norte, atendendo ás demandas das economía familiares.

Unha ampla representación do goberno amiense acercouse a acompañar a CENOR para valorar a súa elección do concello de Ames como sede da súa empresas e que apostou por este polígono dende os comenzos

 

Ao evento asistiron o alcalde de Ames, a concelleira de promoción económica e o concelleiro de urbanismo
Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?