A asociación do parque empresarial do Milladoiro fixo entrega da gran cesta con productos de nadal
O número da sorte este ano foi o 2.480.
María Casas Blanco, cliente habitual dos establecementos do polígono foi a agraciada coa cesta de nadal que todos os anos sortea a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro.
A cesta elaborada por Almacéns GPB está conformada por productos gourmet cos que habitualmente traballa este comercio que surte tanto a restaurantes como a clientes finais.
O responsable de Verial Galicia, empresa de software informático, Jesús Franco, foi o encargado de dar o premio e felicitar á premiada, así como a todas as persoas que ao largo do ano contribúen a potenciar o comercio do Milladoiro.

O escaparate foi realizado grazas a Escenoset, empresa especializada en espazos efímeros, desde a realización integral dos stands de feira ata o diseño e creación de elementos determinados, como decorados e escenografías, escaparatismo e interiorismo, museos e instalacións, tanto para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

Parabéns a María