Charla Informativa

Todo o que necesitas saber sobre Facturación Electrónica e Control Horario Dixital

A partir de 2025, empresas e autónomos terán que adaptarse a un novo escenario dixital na xestión das súas operacións. A implementación de Verifactu para a facturación electrónica, xunto coa nova lei que establece a obrigatoriedade do fichaxe dixital, implica que moitas persoas se enfronten a un campo completamente inexplorado para elas.

Que é a Facturación Electrónica?

A facturación electrónica é un sistema que facilita a emisión, recepción e almacenamento de facturas de maneira dixital. Este proceso non só permite a simplificación á xestión administrativa, senón que tamén garante a seguridade e a validez legal das facturas. Coa utilización de Verifactu, a Axencia Tributaria busca combater o fraude fiscal e promover a dixitalización dos procesos fiscais nas empresas.

Que implica a Lei de Fichaxe Dixital?

O anteproxecto da Lei Laboral 2024 introduce cambios importantes na xestión do tempo de traballo, destacando a obrigatoriedade de utilizar un sistema dixital para rexistrar as horas traballadas, o que supón a eliminación total dos rexistros en papel. Esta medida busca mellorar a precisión no control horario e evitar erros e manipulacións. Ademais, a dixitalización facilitará un control máis eficiente, beneficiando tanto a empregadores como empregados.

Charla informativa: Unha oportunidade única para Aprender

Por iso, a Asociación de Empresarios de Novo Milladoiro organiza unha charla informativa o día 12 de novembro, de 9:00 a 11:00 horas, dirixida a todos aqueles que desexen obter máis información sobre en que consiste a transformación, como levala a cabo e as vantaxes que se poden acadar coa súa implementación.

Durante o seminario, contaremos coa participación dos seguintes profesionais:

  • Natalia Barros, Directora da Oficina Económica de Galicia

  • Jose Ignacio Rodríguez Ormaechea, Técnico da Oficina Económica de Galicia

  • Jesús Franco, CEO de Verial Galicia

  • Iago Ben Otero, Delegado de Esquío Enxeñería en Santiago de Compostela. Coordinador de proyectos TIC y responsable comercial de área

  • Fátima Cambeiro Cambeiro, Directora do departamento fiscal de byb asesores

Non deixes pasar a oportunidade de coñecer de primeira man as obrigas, vantaxes e beneficios que ofrecen estas novas ferramentas.

Non deixes pasar a ocasión (temos prazas limitadas)

Formulario de inscrición

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?