Invertir en dignidade: acompañar o dano cerebral adquirido desde a empresa
Hay más de 35.000 persoas en Galicia que viven coas consecuencias dun dano cerebral adquirido. Un ictus, un accidente de tráfico, un tumor. Un instante que o cambia todo. Detrás de cada diagnóstico hai unha familia que reorganiza a súa vida, un sistema sanitario que non sempre pode chegar a tempo, e unha asociación que si chega: con logopedas, psicólogos, terapeutas ocupacionais e, sobre todo, con presencia cotiá cando o sistema público xa non está. O que sostén ese traballo, en boa medida, son os donativos de empresas e particulares que decidiron que a RSC non é un capítulo do informe anual, se non unha convicción.
“A pregunta non é se a súa empresa pode permitirse colaborar. É se pode permitirse non facelo.”
Dossier Dano Cerebral Santiago de Compostela
O marco fiscal español é, neste sentido, extraordinariamente xeneroso coas empresas que donan a entidades sen ánimo de lucro acollidas á Lei 49/2002. O que ocorre é que moitos departamentos financieiros siguen tratando a filantropía como un coste cando, en realidade, a lexislación a converte nunha das inversións máis eficientes do exercicio.
O que di a lei: números que convén coñecer
A deducción base para persoas xurídicas é do 40% do importe doado sobre a cuota íntegra do Impuesto sobre Sociedades. Pero hai máis: se a empresa mantén ou incrementa o importe doado durante duos exercicios consecutivos, esa porcentaxe sube ao 50%. E se en algún exercicio a deducción supera o límite do 10% da base impoñible, o exceso pode aplicarse nos dez exercicios seguintes. Na práctica, doar á asociación de dano cerebral da súa comunidade pode resultar en que o coste real para a empresa sexa inferior á mitade do cheque firmado.
Exemplo: unha empresa dona 1.000 € á asociación. Coa deducción do 40%, o seu custe fiscal neto é de 600 €. Se o fixo tamén o ano anterior, a deducción sube ao 50% e o custe real redúcese a 500 €. Por 500 € netos, a empresa financia terapias, talleres de reinserción laboral e atención psicolóxica a familias durante meses. Poucas acciones de marketing teñen ese retorno tanxible.
Máis alá do aforro fiscal: o valor que non aparece no balance
Os beneficios fiscais son o argumento máis doado de comunicar ao consello de administración; pero quen leva anos traballando en comunicación corporativa sabe que o impacto máis duradeiro dunha política de donacións ben articulada non se mide en euros aforrados, se non na forma en que unha empresa é percibida polos seus empregados, os seus clientes e a súa comunidade. As novas xeracións de talento non só preguntan polo salario; preguntan polos valores da organización que lles vai a ocupar oito horas ao día. Asociar a marca a unha causa concreta, verificable e socialmente significativa como o dano cerebral adquirido é una resposta honesta a esa pregunta.
O dano cerebral adquirido ten, ademáis, unha característica que poucas causas teñen: pode afectar a cualquera, en calquer momento. Non hai perfil de risco exclusivo.
Cómo articular a colaboración: opcións para cada tamaño de empresa
A colaboración coa asociación de dano cerebral non exixe grandes orzamentos nin estructuras de RSC consolidadas. Esixe vontade.
As fórmulas son variadas: donativo monetario puntual ou periódico, cesión de espazos ou servizos, campañas internas de recaudación entre empregados con match corporativo, patrocinio de eventos, ou incluso programas de voluntariado nos que os propios traballadores participan en actividades da asociación.
Cada unha ten o seu tratamento fiscal específico e as súas ventaxas comunicativas. O primero paso é sempre o mesmo: chamar á asociación.
Unha de cada catro persoas sufrirá un ictus ao largo da súa vida. As instalacions que hoxe axuda a construir poden ser as que vostede necesite mañá.
O que sucede despois do dano cerebral —a velocidade e a calidade da rehabilitación— depende en boa medida de que existan centros especializados con capacidade suficiente para atender a quen o necesita.
Unha sede que medra porque a necesidade aumenta
A Asociación Dano Cerebral Santiago de compostela leva anos ofrecendo terapias de rehabilitación neurolóxica —logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional, neuropsicoloxía, apoio a familias— a pacientes que, sen este recurso, simplemente non terían a dónde ir. O sistema público atende a fase aguda. Pero a recuperación funcional, o largo proceso de volver a ser un mesmo, recae en gran medida sobre recursos como éste. E a demanda superou a capacidade instalada.
Por esa razón, a Asociación puxo en marcha a ampliación da sede. Cada metro cadrado novo representa a posibilidade de atender a máis doentes, con máis continuidade e con mellores condicións. Cada euro aportado acorta o tempo que alguén espera para comezar a súa recuperación.
Invitamoslle a coñecer as instalacións, a reunirse co equipo e a explorar qué forma de colaboración encaixa mellor coa estratexia da súa empresa.
