XI Certame de fotografía comercial do Parque Empresarial Do Milladoiro

XI CERTAME DE FOTOGRAFÍA COMERCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DO MILLADOIRO

Durante o último trimestre do ano, a AEPEM deseña e organiza un certame fotográfico que culminará coa gala de entrega de premios o 18 de decembro, onde o público poderá ver as obras presentadas e contemplar a realidade económica máis próxima. Un dos obxectivos fundamentais da asociación é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa e o potencial da contorna excepcional. Búscase a implicación activa na dinamización cultural de Ames e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas. O escenario son as rúas e empresas do parque empresarial, que se converten nun marco singular para dar protagonismo á creación artística, ao fotógrafo (profesional ou afeccionado) e ao espazo singular, así como ás sinerxias que entre eles se producen.
A forma de participar é doada: enviar unha fotografía inédita do parque empresarial do Milladoiro a foto@aenovomilladoiro.com xunto co título e cos datos persoais do autor.
O prazo para a presentación das obras comezará o 27 de outubro e finalizará o 30 de novembro de 2025.
 

Premios:

  • Premio: 500 €
  • Premio: 400 €
  • Premio: 300 €

A exposición terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro do 18 de decembro ate o

31 de xaneiro de 2026.

A gala de entrega de premios será o xoves, 18 de decembro de 2025.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?