Feira das Profesións

Outro ano máis, os departamentos de Orientación dos IES de Ames, Brión e Xulián Magariños de Negreira, acompañados nesta edición polo IES do Milladoiro, organizan a Feira das Profesións que terá lugar o vindeiro 24 de abril de 2025 no Pavillón deportivo “Pedra Mámoa” de Negreira.

O horario será de mañá e tarde, en concreto de 9:30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.

Pola mañá acudirá  alumnado dos catro centros e pola tarde estará aberto a calquera persoa interesada que se poida achegar a coñecer as distintas opcións formativas e profesionais representadas na feira. En total está previsto que máis de 1.600 persoas visiten a feira ao longo do día.

Este ano puxemos especial interese, esforzo e ilusión na oferta vespertina para que traballadoras e traballadores, persoas desempregadas, estudantes de grao ou que xa finalizaron os estudos, poidan achegarse a coñecer novas vías de formación e/ou emprego. Pensamos que esta feira pode ser tamén interesante para as empresas da contorna e para  as súas traballadoras e traballadores.

Convidámolos a que visiten a feira, na que contamos con diversas charlas que poden ser do interese dalgunha persoa da súa empresa (por exemplo, sobre acreditación das competencias profesionais) e  con 64 expositores entre centros de FP, universidades, empresas e profesionais independentes, onde se poderán informar sobre as diferentes  tendencias educativas e habilidades profesionais actuais. Ao mesmo tempo poderán formarse unha idea do potencial actual das novas xeracións que poidan ser do seu interese profesional.  

Caven grandes posibilidades no mercado laboral
O risco e a súa prevención é unha característica a ter en conta no momento da escolla de profesión
Profesión artística en voga en Galicia
Profesión con ampla tradicción no norte de Galicia. Imaxe Creative Commons
Profesión creativa
Profesión creativa. Imaxe creative commons
Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?