Bono de 200 €
en Nattex Compostela
Parque Empresarial do Milladoiro · Ames
Come ben, móvete mellor.
Durante dous meses, os establecementos do parque empresarial premian o consumo local. Podes participar desde o primeiro día e sen inscribirte en nada.
Acción · Consumo local
Un carné gratuíto de 10 selos. Cando o completas, cámbiao por unha cea.
Recólleo en calquera dos establecementos adheridos. É de balde.
Cada consumición superior a 10 € suma un selo no teu carné.
De polo menos 3 establecementos distintos do parque empresarial.
Leva o pasaporte completo ao Restaurante La Central ou a Universo Milongas.
Un pasaporte, unha cea. A persoa acompañante abona o seu menú. Prazo de canxe ata o 31 de outubro e ata fin de cupóns.
Acción · Redes sociais
Dous sorteos entre as persoas que participen na publicación do concurso. 14 premios e 14 persoas premiadas en cada sorteo.
Dá «gústame» á publicación do sorteo en @aepemilladoiro.
Menciona dúas amizades nos comentarios.
Comparte a publicación nas túas Stories. É opcional.
en Nattex Compostela
auga filtrada na casa
en Gym Unit 365
Clínica Laura Míguez
no Hotel Payro
no Hotel B&B
Ninguén pode levar máis dun premio no mesmo sorteo. Os premios recóllense en persoa na oficina da Asociación. Ata 14 premios.
Participación aberta desde o 1 de setembro.
Require participar de novo na publicación correspondente.
Establecementos adheridos
Consumo directo ao público nos seguintes locais do parque empresarial.
O pasaporte completo cámbiase por unha cea só en La Central ou en Universo Milongas.
Podes consultar e descargar as bases legais da campaña de dinamización comercial “Sabor e Saúde” neste enlace.
Empresas que apoian a campaña
Sobre a campaña
«Sabor e Saúde no Polígono» é unha iniciativa da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro, co apoio do Concello de Ames e da Deputación da Coruña.
Impulso ao consumo nos establecementos do parque empresarial.
Fomento do movemento e do benestar entre quen traballa no parque.
Promoción da auga filtrada para reducir o consumo de plástico.