Formación en seguridade industrial e innovación

 

A Seguridade Industrial continúa a ser un eixo estratéxico para o desenvolvemento sostible e competitivo da nosa comunidade. Por iso, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro realiza unha nova edición da formación en Seguridade Industrial, un espazo de encontro, colaboración e innovación, coa colaboración de empresarios portugueses.

Na mañá do xoves, 27 de novembro, dende as 09:00 ate as 14:00 horas, na sala Maruxía do espazo A proa, Rúa das Hedras, nº2 profesionais, empresas e entidades técnicas compartirán experiencias, boas prácticas e os últimos avances en normativa e eficiencia na seguridade industrial no proceso de fabricación.

A inscrición é aberta e gratuíta para calquera profesional. Pode facerse en info@aenovomilladoiro.com

Será un foro de referencia para:

  • Coñecer as novas tendencias e retos da seguridade industrial.
  • Intercambiar coñecemento con expertos e representantes institucionais.
  • Participar na mesa redonda sobre boas prácticas de seguridade industrial no entorno privado.
  • Fortalecer a rede de colaboración entre profesionais do sector de pinturas e barnices, reformas e construcción.

Nesta edición, poñerase o foco no fabricación, comercialización, aplicación e a sustentabilidade, promovendo a calidade e a innovación no sector industrial galego e portugués.

Pola nosa parte indicar que se necesita pinturas e barnices de calidade, propoñémoslle visitar Pinturas Illfer .

Se necesita realizar reformas, lembramos que no noso parque empresarial están establecidas as empresas: EMAC, proyectos y obras, Kúpula, Construcciones Iglesias Mera, SSG y Técnicas Constructivas de Ocio Galicia.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?