O xoves, 18 de decembro de 2025, celebrouse no salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro, a gala anual de fotografía do Parque Empresarial do Milladoiro, un encontro no que a luz, o tempo e a mirada comparten protagonismo.
Nesta edición predominan catro categorías, porque o noso parque non é unha realidade única, senón múltiple, complexa e diversa.
En primeiro lugar, a fotografía arquitectónica, que nos permite apreciar o orde, as liñas, os volumes e os materiais. É o caso das titulada: “A Porta Traseira”, “Lofts Azuis”, “A Xeometría Da Noite”, “Esperanza”, “Repouso” ou “Testigo da madrugada”. A través dela descubrimos a beleza da estrutura, o diálogo entre luz e forma, e a identidade visual dun espazo pensado para funcionar, pero tamén para perdurar. Aínda que todo hai que dicilo, non se presentou ningunha fotografía co edifico dos LOFTs enteiro, edificio con forma de barco, que outros anos ten traído o mar ao Milladoiro e que, como ben sabemos, despois da catedral e da cidade da Cultura é o máis fermoso da comarca compostelá, gracias á estética de Santiago Sur Galicia.
A fotografía documental lévanos ao corazón da actividade diaria. Fálanos das persoas, dos procesos, do esforzo cotiá e da vida que latexa detrás das naves, das máquinas e dos camiños. Aquí destaca a gañadora, “ A Forxa Da Luz”, “Xoguemos”, “O Milladoiro un Espazo Que Conduce Ao Progreso”, “Taller Cerquiño”, “Ollando a Través Do Espello”. Ou “ A man que Atende”, unha preciosa foto na Central Gastronómica donde nos atenden cun sorriso. É unha fotografía que non só mostra, senón que conta, que conserva memoria e que dá valor ao traballo humano.
A fotografía comercial demostra que a industria tamén comunica, tamén vende imaxe, confianza e profesionalidade. Son fotografías que proxectan o polígono cara ao exterior, que constrúen marca, que amosan innovación, competitividade e futuro, sen renunciar á calidade estética. Este é o caso do terceiro premio “Xagal”, “Repouso”, “Formación Na Aula” ou “Nadal é CENOR”.
E por último, a fotografía artística, unha mirada libre, persoal, ás veces poética, ás veces crítica, que transforma o espazo industrial nun escenario de interpretación creativa. Aquí, a industria convértese en emoción, en arte. Nesta edición destaca dentro desta categoría “Teitos de Cristal”, “Ollando Futuros”, “Un Respiro Entre números” e “Zapatos Novos” donde xogan coa metáfora dos neumáticos co calzado.
Todos os traballos presentados comparten algo fundamental: unha mirada atenta e comprometida. Porque fotografiar un zona de traballo é tamén recoñecer o seu valor económico, social e cultural, e integralo no relato visual do Concello de Ames e do enclave da comarca.
A proxección das obras presentadas confirmaron o nivel da mostra: paisaxes nas que o tempo parece deterse, escenas cotiás elevadas á categoría de memoria colectiva. Poñen o foco nas persoas e nos procesos que dan sentido ao espazo industrial ou comercial, según toque a nave, pois van alternativamente, e proxecta unha imaxe de profesionalidade, innovación e futuro, segundo a visión persoal e creativa das e dos participantes que agardaron con ilusión que a súa obra fora premiada.
Queremos salientar o valor do traballo realizado por todos a cada un deles, especialmente tratándose de persoas afeccionadas á fotografía, que demostraron sensibilidade, compromiso e respecto polo medio que retratan. Hai nove fotografías nocturnas, na alborada ou na noitiña; e dúas fotografías de interiores feitas con escasa luz, o que indica un bo manexo do diafragma e da ISO.
Moitos dos fotógrafos e fotógrafas coincidiron nunha idea: fotografiar é aprender e este certame é a mellor ocasión para poder compartir e valorar os seus coñecementos. Para estes autores, na mayoría afeccionados, ver a súas fotografías expostas na Casa de Cultura o acollen cunha ilusión especial.
Veuse en pantalla como as fotografías presentadas tomaban vida, documentando a historia do parque empresarial, sen necesidade de palabras, dependendo sempre da óptica do autor.
A actuación de Boquete, que presentou en primicia temas inéditos, foi agradecida polo público, que se desfixo nun mar de risas cos seus xa coñecidos “Manólogos”, caracterizados por ese humor ácedo e realista.
Nesta undécima edición, o Xurado estivo composto por Xoán Soler, Fotoxornalista da La Voz de Galicia, con recoñecidos premios coma o Enfoca Galicia, Alberto Uzal, Responsable de Estudios Fílmate, Javier Antelo Seoane, Concelleiro de Patrimonio e Medio Ambiente no Concello de Ames, técnico en audiovisuais con ampla experiencia en televisión e documentais, Ana Paz concelleira de Promoción Económica e o presidente da Asociación do Parque Empresarial do Milladoiro, xerente de Técnica Constructivas De Ocio Galicia, e titulado en fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo, Javier Santos Blanco.
Na súa deliberación, primou a fotografía máis tradicional, sen artificios, aínda que saben que os retoques son case inevitables. Foi a seguinte:
O 3º Premio, dotado con 300 €, foi para Isaac Mayo Figueroa coa fotografía titulada “Xagal”.
É unha fotografía que transmite solidez, profesionalidade e forza visual. O charco ocupa gran parte do encadre inferior, creando unha composición simétrica (realidade arriba, reflexo abaixo). As líñas do edificio e o chan conducen a mirada cara á furgoneta da empresa de xanelas coa cerraxería máis robusta do mercado: Kommerling. Aproveitan a luz natural con ceo cuberto, de forma que as nubes actúan como difusor natural, suavizando sombras duras. O ambiente escuro resalta as cores corporativas, azul e branco do vehículo.
2º Premio, dotado con 400 €, para Aarón Silva Sánchez a fotografía “Fin de Xornada”.
É unha composición cun primeiro plano forte, representando un marcado carácter narrativo e atmosférico, destaca o sinal informativo da rúa iluminada pola calidez do sol baixo. A rúa exténdense en profundidade cara o fondo, con coches aparcados e en circulación. Remarca os edificios industriais coa luz dourada intensa e un ceo dramático con nubes densas. Como o seu título indica a imaxe transmite fin de xornada, calma e un certo ton melancólico, reforzado polos colores cálidos frente ás sombras profundas. Ao igual que no terceiro premio vemos reflexos espectaculares, naturales sobre a carrocería e o asfalto.
1º Premio, dotado con 500 €, foi para Samuel Pájaro Otero a fotografía: “A Forxa Da Luz”.
Nesta fotografía, o autor fai un uso maxistral da luz propia da escena, logrando un contraste nun entorno escuro. Destaca a conxelación dunha acción intensa como é a soldadura. Ten unha estética industrial e cinematográfica.
O elemento visual dominante é a cascada de chispas incandescentes que proxectan cara o chan, creando unha sensación de enerxía, forza e dinamismo. O fondo queda en penumbra o que centra a atención na soldadura, resaltando o traballo de precisión e dureza do oficio.
No seu discurso, o Presidente da Asociación de Empresarios Do Parque Empresarial destacou o compromiso de todas as empresas asociadas coa vida social e económica de Ames e área de Compostela, que atrae fotógrafos de toda Galicia, agradecendo ao Alcalde de Ames a colaboración neste evento.
As fotografías poderán verse expostas no segundo andar da Casa de Cultura do Milladoiro ata o 31 de xaneiro de 2026.
máis información en:
A cultura constrúese entre todas e todos.
