Inicio das obras no parque empresarial por parte do Concello de Ames

O xoves. 3 de outubro foron depositadas as vallas que indican o inicio das obras do plan de mobilidade do polígono planificadas polo concello.

Entre o 7 e o 8 de outubro procedeuse ao fresado para o seu posterior asfaltado de parte da rúa das Hedras e da zona inferior da rúa das Palmeiras.

Na programación do último proxecto presentado a esta asociación, incluía a implantación de sentido único nas rúas actualmente fresadas e na rúa da Xesta.

 
 
 
Rúa das Hedras asfaltado o 8 de outubro 2024

Dende a asociación solicitouse ao concello que garantizase a correcta maniobrabilidade dos trailers para unha descarga segura sen paralización do tráfico vial. 

O que resulta necesario no parque empresarial é a reparación das gavias para un perfecto desagüe das pluviais en todas as rúas, principalmente nas de maior pendente.

As empresas redactoras do proxecto, empresas dedicadas á realización de proxectos de enxenería civil, obra pública e arquitectura, contemplan no proxecto presentado a esta asociación as rotondas rebasables, o cal foi valorado positivamente pola nosa entidade.

O proxecto entregado en marzo de 2022 e os planos entregados en xuño deste ano polo concello poden verse nas oficinas da asociación.

Estado das gavias nas beirarrúas do polígono. O despegado deste compoñente provoca que vasculen ao paso dos vehículos.
Rotonda da rúa das Palmeiras e Castiñeiras despois de ser asfaltadas as vías o 16 de outubro 2024.
Asfaltado recente e colocación de novo sinal na rúa das Palmeiras
Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?