IX CERTAME DE FOTOGRAFÍA COMERCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DO MILLADOIRO

IX CERTAME DE FOTOGRAFÍA COMERCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE O MILLADOIRO

Un ano máis a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial organiza o certame de fotografía da zona para fomentar a participación veciñal no mundo empresarial máis cercano.

Durante o último trimestre do ano, a AEPEM diseña e pon  en escena un certame fotográfico que rematará coa gala de entrega de premios o 21 de decembro, donde o público poderá ver as obras presentadas e acercarse así, a unha forma divertida de ver a realidade económica máis cercana ao Milladoiro. 

Neste certame cabe a posibilidade de presentar obras de todo tipo, donde predomine a actividade artística, a foto denuncia ou a promoción das empresas. A capacidade de albergar fotografías de diverso xénero fai desta actividade un  fenómeno espacial donde interactúan os suxetos dunha colectividade a través da creación.

Un dos obxetivos fundamentais da asociación é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da contorna do Milladoiro e o potencial como entorno excepcional. Así búscase a implicación activa na dinamización cultural de Ames e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas.

O escenario son as rúas e empresas do parque empresarial que se convirten nun marco singular para deixar protagonismo á creación artística, ao fotógrafo (profesional ou aficionado), e ao espacio singular e as sinerxias que entre eles se producen.

O prazo para a presentación das obras comenzará o 10 de novembro e rematará o 9 de decembro do 2023.

Premios para categoría absoluta :

1º Premio (premio RAFER ESTUDIOS): 500 €

2º Premio (premio TESEC): 400 €

3º Premio (premio FÍLMATE): 300 €

Premios xuvenil-infantil (Menores de 18 anos):

1º Premio: Vale Mouse papelería por valor de 75€

2º Premio: Vale Mouse papelería por 50€ 

3º Premio: Vale Mouse papelería por 40€

A exposición de obras está previsto que se faga na Casa de Cultura de O Milladoiro: do 20 de decembro de 2023 ate o 31 de xaneiro de 2024.

A gala celebrarase no salón de actos da casa de cultura do Milladoiro, o xoves, 21 de decembro ás 20:30. Constará de 2 pases acompañados por música ao vivo, o primeiro o xuvenil e o segundo será a categoría absoluta. Ambos amenizados polo violinista Marcos Valcárcel.

En caso de que o necesites, descarga o formulario.
Scroll ao inicio