POR SAN VALENTÍN, UNHA CEA DE CINE INCLUSIVA

POR SAN VALENTÍN, UNHA CEA DE CINE INCLUSIVA

O sorteo dunha cea para unha parella namorada, enmarca a primeira campaña que a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro ven de planificar para a promoción do Polígono neste 2024.

Esta campaña engloba diversas accións -creación dunha páxina para o evento, cartelería, difusión nas redes sociais e mailing- e ten como obxectivos principais:

  • Atraer público ao Polígono para que visite e coñeza as nosas empresas.
  • Ampliar a nosa comunidade de seguidores para incrementar a difusión de novas que se relacionen co Polígono e as súas empresas asociadas.

A mensaxe de comunicación desta campaña céntrase en dous conceptos:

  1. O primeiro, trasladar aos participantes (público en xeral) a posibilidade de desfrutar dunha experiencia de película nunha das nosas empresas asociadas, La Central: unha cea romántica nun ambiente de estilo americano dos sesenta.
  2. O segundo, resaltando unha participación inclusiva no mesmo, de xeito que calquera tipo de parella (salvo as persoas que sexan menores de idade) é quen de gozar do premio da cea.

O proceso para a participación é sinxelo sendo necesario cumprir tan só 4 requisitos:

  1. Encher un formulario de contacto.

  2. Seguir a nosa conta de Instagram ou Facebook.

  3. Darlle “Me Gusta” a algunha publicación do sorteo nas nosas redes.

  4. Mencionar a algún amig@.

E traballouse na liña de facer todo ese proceso o máis simple e intuitivo posible pensando tamén en facilitar a participación daquelas persoas que non estén tan afeitas ós medios e plataformas dixitais coma si o están as novas xeracións, engadindo unha sección para a resolución de dudas que puideran xurdir á hora de cumprir cos requisitos.

Unha vez finalizada a campaña, a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro dará fe, a través das súas redes sociais, do resultado do sorteo, no seu afán de cumprir coa súa dinámica de transparencia.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?