Premiados no X certame de fotografía comercial do parque empresarial do Milladoiro

O xoves, 19 de decembro de 2024, celebrouse no salón de actos da Casa de Cultura da Localidade, a gala de entrega de premios do X certame de fotografía do parque empresarial, amenizada por Carlos Blanco.

O acto comezou facendo lembraza ás nove edicións anteriores, cunha proxección das fotografías premiadas, observando así, a evolución do parque empresarial e a progresión a través do tempo do propio certame.

Seguidamente, púxose en pantalla o pase  das fotografías presentadas a concurso este ano, donde se documenta a historia do parque empresarial sen necesidade de palabras, dependendo sempre da óptica que lle dé o autor, e que en moitas ocasións indica como se pode reformar a nosa actividade, analizando a realidade.

 

Nesta décima edición, o Xurado estivo composto por Xoán Soler, Fotoxornalista da La Voz de Galicia, Alberto Uzal, Responsable de Estudios Fílmate, Javier Antelo Seoane, Concelleiro de Patrimonio de Ames e experto en audiovisuais, Ana Paz concelleira de Promoción Económica e o presidente da Asociación do Parque Empresarial do Milladoiro e formado en fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo, Javier Santos Blanco.

 

A súa deliberación foi a seguinte:

Premio Tesec Audiovisuais, dotado con 500 €, foi para a fotografía: “O Flatiron” ambientada no CEN- Cartogalicia, nave que, pola súa estética,  se presta especialmente a ser obxectivo dos fotógrafos máis expertos. Esta obra lineal, centrada, equilibrada, dinámica, ben contrastada e ponderada, con sensación divisoria da imaxe, unha metade máis oscura e outra con máis luz, dirección que leva a persoa; foi amplamente valorada por todos os membros do xurado.

 

Premio Fílmate Estudios Fotográficos, dotado con 400 €, para a fotografía “Gulliver” signo da creación artística desenvolvida no parque empresarial do Milladoiro, ensalzando a obra de Ramón Conde,  o escultor de “Os Redeiros” o famoso monumento olívico. Na decisión do xurado primou o reflexo do ámbito laboral e a definición da fotografía. Esta fotografía foi realizada por Mª Jesús Pena Álvarez.

 

Premio Técnicas de Ocio Galicia, dotado con 300 €, foi para “Chegando co Futuro Na Man” realizada pola gran aficionada á fotografía: Jacqueline Silveira Calviño, na entrada do novo hotel do Milladoiro: B&B, quen prestou en todo momento a súa colaboración con este certame. Nesta fotografía o xurado tivo en conta o dinamismo e o contraste da cor vermella, xunto con unha boa exposición.

 

Cabe destacar que no seu monólogo Carlos Blanco aportou ideas de fotografías para ser presentadas en futuras edicións. Tanto nos acertados comentarios, que fixeron pasaron un grato momento ao público, como nas fotografías proxectadas polo seu equipo deixou entrever a importancia do parque empresarial do Milladoiro como un espazo de traballo cheo de dinamismo e intersectorial donde caben actividades de loxística, comerciais, industriais, de consultoría, étc

O presidente da Asociación, puxo de relevancia a colaboración do Concello de Ames, e quixo agradecer a todas as empresas socias a realización deste evento dinamizador da vida social e económica de Ames e área de Compostela, que atrae fotógrafos de toda Galicia, superando unha vez máis, a calidade das obras presentadas a concurso.

Premio Tesec. Fotografía " O Flatiron"
Premio Fílmate Estudios Fotográficos concedido á Fotografía: "Gulliver"
Premio Técnicas Constructivas de Ocio Galicia, concedido á Fotografía: "Chegando co Futuro na Man"
Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?