Sábado, 11 de abril, as 12.30 h, na Casa da Cultura de Bertamiráns preséntarase o libro antolóxico do XXII Certame Literario Concello de Ames.
Ao acto están convidadas todas as persoas premiadas e nel poderemos escoitar os textos gañadores na voz dos propios autores e autoras.
A presentación estará conducida pola xornalista e veciña de Ames, PAULA CANTELAR, e actuará o dúo XEITO DE DOUS integrado polos músicos Xián Ardións e Xiana Baliñas.
O acceso será libre e gratuíto ata completar a capacidade do auditorio.
