Proxecto Comunicación IA

Proxecto piloto de comunicación intelixente baseada en IA para empresas do Polígono Industrial Novo Milladoiro

Un reto común:
No Polígono Novo Milladoiro conviven empresas de sectores moi distintos, pero con desafíos comúns: gañar en eficiencia, atender mellor aos seus clientes e xestionar con máis claridade os recursos.

No caso dos talleres mecánicos, esta necesidade tradúcese tamén nun problema loxístico: a saturación das rúas pola falta de aparcamento e o escaso uso do aparcamento disuasorio existente. Este feito non só afecta á operativa diaria, senón tamén á percepción do servizo e á imaxe do conxunto do polígono.

O obxectivo da proposta:
O presente documento presenta unha iniciativa que axude a dixitalizar a comunicación entre empresa e cliente, co obxectivo de mellorar a xestión diaria, promover a eficiencia na atención e mellorar a experiencia do cliente.

Cada empresa poderá desenvolver o seu propio proxecto individual, adaptado ás súas necesidades e coa posibilidade de acceder a axudas públicas que financian ata o 80 % do custo do servizo. Programa Reacciona.

Facebook 

1. Exemplo práctico: sistema de comunicación intelixente para talleres

As rúas do polígono atópanse saturadas pola falta de prazas de aparcamento, mentres que o aparcamento disuasorio, situado a 700 metros, permanece infrautilizado. Isto xera conflitos, perda de tempo e unha imaxe pouco profesional ante os clientes.

O problema non é unicamente loxístico: tamén afecta á percepción do servizo e á eficiencia dos talleres.

Como caso de aplicación concreta, proponse un asistente dixital de comunicación para talleres baseado en Intelixencia Artificial (IA), que automatiza avisos e recordatorios aos clientes (benvida, orzamento, recollida, promocións, etc.) e que pode integrarse co novo aparcamento disuasorio.

Unha ferramenta sinxela, sen necesidade de sensores nin cámaras, baseada en mensaxería automática (WhatsApp/SMS) e códigos QR personalizados, que facilita a entrega e recollida de vehículos, fomenta o uso do novo aparcamento e mellora a experiencia de usuario dende o primeiro contacto.

Principais beneficios:
• Comunicación directa e profesional co cliente.
• Imaxe moderna e innovadora.
• Menor tempo de espera e mellor xestión de recursos.
• Posibilidade de crear promocións personalizadas ou recordatorios automáticos.

Requírese un número mínimo de solicitantes do servizo para cubrir o desenvolvemento da solución global (pendente de definir en función do contido concreto incluído).


2. Máis alá dos talleres: solucións adaptadas a cada empresa

Ademais deste caso, calquera empresa do polígono —sexan industriais, comerciais ou de servizos— pode desenvolver o seu propio proxecto de mellora co acompañamento de DPI. Estas iniciativas poden centrarse en distintos ámbitos, non só tecnolóxicos, senón tamén organizativos ou de márketing, segundo as prioridades de cada negocio:

Eficiencia e organización interna: revisión de procesos, definición de funcións, cadros de mando ou metodoloxías para gañar orde e capacidade de decisión.
Automatización e dixitalización: asistentes de IA para atención ao cliente, xestión de pedidos ou seguimento de incidencias, sistemas de axenda e comunicación interna.
Estratexia e márketing: reposicionamento de marca, definición de obxectivos comerciais, fidelización de clientes ou lanzamento de novos produtos.

Moitos negocios recoñécense nestas situacións:

“Todo depende de min, e sen o meu impulso diario a empresa párase.”
“Medramos, pero a estrutura non acompaña.”
“Vendemos, pero non coa rendibilidade que deberiamos.”
“Cústanos diferenciarnos ou comunicar o noso valor.”

Estas dificultades son comúns nas pemes galegas con potencial, pero con pouco tempo para parar e reorganizarse.

O obxectivo é converter esas inquedanzas nun plan de acción concreto e subvencionable, con resultados visibles e un acompañamento próximo.


3. Financiamento e condicións

Cada empresa poderá beneficiarse de axudas públicas que cobren ata o 80 % do custo do servizo, cun investimento medio para a empresa a partir de 1.000 € (sen IVE) e unhas 85 horas de consultoría e desenvolvemento adaptadas ao seu caso.

DPI Estratexia acompañará ás empresas interesadas na definición da mellor opción para o seu negocio e na preparación da documentación necesaria para a solicitude.

Requisitos para solicitar a axuda:
• Ser autónomo, PEME ou asociación empresarial con centro de traballo en Galicia.
• Mínimo 3 socios/traballadores no ano 2024.

Prazo límite de solicitude: 15 de novembro de 2025.

Contía da axuda por servizo:

Nº aproximado de horasImporte do servizoCusto para o beneficiario
85 horas5.355 €1.071 €

4. Que veremos no encontro informativo?

Durante a xornada informativa que se celebrará no Polígono Novo Milladoiro, presentaranse:
• Casos de aplicación práctica en talleres e noutros sectores.
• Exemplos de proxectos subvencionables.
• Condicións e pasos para acceder ás axudas.

Será unha oportunidade para que cada empresa valore a súa situación, resolva dúbidas e poida iniciar o seu propio proceso de mellora con apoio profesional.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?