Recollida de cartón Porta a Porta

Dende a planta de Lousame, o capataz de recollida indica que o día do servizo de “Recollida de cartón Porta a Porta” é o xoves de tarde, a partir das 14:00 horas, polo que a esa hora debería de estar o cartón diante dos locais.

A cantidade máxima a recoller é un m3.

Lembramos que o cartón ten que estar adecuadamente pregado e apilado de forma que non se esparza.

Se algunha empresa ten algunha petición ou incidencia, pode poñerse en contacto coa AEPEM para que sexa comunicada.

Scroll ao inicio