Verial participa nas xornadas Gaiastech

Verial, un dos nosos socios especializados en factura electrónica, participará nas xornadas, Innovación e xestión no sector libreiro: Obradoiros TIC e análise do sector en Portugal organizadas por GaiasTech, na Cidade da Cultura.

En Verial son especialistas en: programas profesionais de xestión comercial, hostelería (aloxamiento e restauración), carteira e contabilidade, sistemas de marketing.

O próximo 14 de outubro, Jesús Franco falará sobre os beneficios de xestionar con Verial a empresa, centrándose nas librarías, na xornada “Innovación e xestión no sector libreiro: Obradoiros TIC e análise do sector en Portugal ”. Aínda que a xornada será sectorial, é preciso resaltar que este programa vale para todo tipo de actividades.

O 31 de outubro rematará o o prazo do kit dixital ao que se poden acoller as empresas para implantar a factura electrónica.

Verial é un sistema de xestión. Simplifica os proceso e aumenta a capacidade dos usuarios. Versátil e omnicanal, flexible e escalable. O seu despregamento 100% na nube ou no teu servidor combínase cunha interface intuitiva e fácil de utilizar. A súa implementación garante a rastrexabilidade total e en tempo real, reduce drasticamente os erros e potencia a produtividade.

Mellora a precisión dos informes, redución do tempo para o peche financeiro, procesos de conciliación automatizados.

É unha solución dinámica que evoluciona co cliente para adecuarse ao seu negocio e aos desafíos do mercado. Darache acceso a información harmonizada en tempo real, xunto con análises avanzadas, para tomar decisións adecuadas.

Grazas ao desenvolvemento de novas funcionalidades, actualizacións periódicas e tecnoloxías como a intelixencia artificial xenerativa e a analítica preditiva. Isto convérteo nun sistema preparado para o futuro.

En España, a facturación electrónica para todas as sociedades mercantís vólvese obrigatoria a partir do 1 de xaneiro de 2026 e o 1 de xullo de 2026, para autónomos e profesionais, segundo a Lei Crea e Crece.

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?