VIII edición do Premio Lingua e Empresa

A Concellería de Normalización Lingüística organiza, por octavo ano consecutivo, a Edición do ‘Premio Lingua e Empresa’.

Con esta iniciativa, o Concello de Ames quere fomentar o uso do galego nas actividades económicas, así como na actividade empresarial da zona.
 
Poderán optar aos premios todas aquelas empresas con domicilio social ou centro de actividade no Concello de Ames, sempre que as empresas ou os seus representantes legais manifesten o seu desexo de participar.
 
Os premios están divididos en dúas categorías. Por unha banda, premiarase a unha empresa que leve máis de 2 anos utilizando o galego a diario. Doutra banda, premiarase a unha empresa que, creada hai menos de 2 anos, utiliza o galego desde a súa posta en marcha. En concreto, valorarase o uso da lingua galega tanto na comunicación externa como interna das empresas, ademais do impacto que a actividade empresarial poida ter en sectores de especial importancia no proceso de normalización lingüística.
 
A dotación económica cada premio será de 1.500. Ademais, levará a cabo unha campaña de difusión das empresas premiadas na emisora de radio municipal, Ames Radio.
 
Para participar nos premios pódense enviar as propostas ata o 21 de novembro a través dos seguintes medios:
1) De forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Ames.
2) Presencialmente, con cita previa e achegando o formulario de inscrición, no Rexistro Xeral de Bertamiráns ou no Rexistro Auxiliar de Milladoiro, de 9:00 a 14:00 horas.
Podes obter máis información sobre esta iniciativa poñéndoche en contacto co Servicio de Normalización Lingüística, o Departamento de Promoción Económica ou visitando a web del Ayuntamiento de Ames, onde podes consultar as bases dos ‘Premios Lingua e Empresa’.
 

 

Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?