X Certame de Fotografía Comercial do Parque Empresarial do Milladoiro

X CERTAME DE FOTOGRAFÍA COMERCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DO MILLADOIRO

Durante o último trimestre do ano, a AEPEM deseña e pon en escena un certame fotográfico que rematará coa gala de entrega de premios o 19 de decembro, onde o público poderá ver as obras presentadas e achegarse, así, a unha forma divertida de ver a realidade económica máis próxima.

Neste certame hai a posibilidade de presentar obras de todo tipo: onde predomine a actividade artística, a foto denuncia ou a promoción de empresas. A capacidade de acoller fotografías de xéneros diversos fai desta actividade un fenómeno especial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

Un dos obxectivos fundamentais da asociación é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa e o potencial do entorno excepcional. Búscase a implicación activa na dinamización cultural de Ames e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas.

O escenario son as rúas e empresas do parque empresarial, que se converten nun marco singular para darlle protagonismo á creación artística, ao fotógrafo (profesional ou afeccionado) e ao espazo singular, así como ás sinerxías que entre eles se producen.

O prazo para a presentación das obras comezará o 28 de outubro e rematará o 2 de decembro de 2024.

Premios:

  • Premio TESEC: 500 €
  • Premio FÍLMATE ESTUDIOS FOTOGRÁFICOS: 400 €
  • Premio TÉCNICAS CONSTRUCTIVAS DE OCIO: 300 €

A exposición terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro do 11 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025.

Formulario para envío da fotografía por WeTransfer

Descarga, se o precisas, algún destes documentos:
Scroll ao inicio
Abrir chat
Ola, son Salomé. 👋
En que podo axudarche?