A Asociación de Empresarios do Polígono Novo Milladoiro, con domicilio na rúa das Palmeiras, 19, baixo, O Milladoiro, Ames, C.P. 15895 (A Coruña) (en diante AE Novo Milladoiro) declara o seu respecto e cumprimento do disposto na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal e na Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico. Por este motivo, infórmate da súa política de protección de datos, para que poidas determinar, libre e voluntariamente, se desexas facilitar os teus datos persoais a AE Novo Milladoiro.
Os datos facilitados a través dos formularios de solicitude de datos, así como os xerados como consecuencia da relación establecida connosco a través deste sitio web, serán incorporados a un ficheiro do que é responsable AE Novo Milladoiro.
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais é que AE Novo Milladoiro poida, no seu caso, establecer contacto con potenciais clientes que estean interesados nos seus servizos profesionais especializados para ofrecerlles e informalos sobre os mesmos, así como a xestión dos futuros clientes, distribuidores, contactos, colaboradores e recursos humanos.
O consentimento para o tratamento dos datos coa finalidade descrita no apartado anterior, entenderase prestado mediante a aceptación da presente Política de Privacidade, escollendo a opción Acepto ou similar que se presenta a continuación de cada formulario de solicitude de datos, ou premendo o botón “enviar”, “procesar”, “solicitar” ou similar. Polo tanto, salvo que nos indiques o contrario a través de calquera dos nosos medios de contacto, AE Novo Milladoiro poderá tratar os teus datos para cumprir coa finalidade antes mencionada. Salvo nos ámbitos nos que expresamente se determine o contrario, as respostas ás preguntas sobre datos persoais son voluntarias.
O ficheiro que é competencia de AE Novo Milladoiro incluirá a información que, no seu caso, se obteña tanto a través de cookies como de log. As cookies son mensaxes enviadas polo servidor ao ordenador do usuario e consisten en pequenos ficheiros de texto que se almacenan na memoria do ordenador e que recollen información sobre as páxinas web que se visitan, o tempo de conexión a Internet, etc. As cookies son enviadas de novo ao servidor cada vez que o usuario entra nesa mesma páxina.
As cookies de AE Novo Milladoiro teñen como finalidade personalizar os servizos que che ofrecemos, proporcionándoche información que poida ser do teu interese. Se non queres que se instale unha cookie no teu disco duro, podes configurar o navegador do teu ordenador para que non as reciba. Non obstante, sinalamos que, en todo caso, a calidade do funcionamento do Portal, ao que se accede a través da páxina web situada no enderezo de Internet www.aenovomilladoiro.com, pode diminuír e que deberás rexistrarte cada vez que desexes consultar un servizo do portal de AE Novo Milladoiro. As cookies non poden ler datos do teu disco duro nin ler ficheiros de cookies creados por outros provedores.
Os log son ficheiros almacenados no servidor de AE Novo Milladoiro que rexistran información sobre a túa navegación e que teñen como finalidade analizar o funcionamento do sistema, localizar as incidencias e problemas que poidan xurdir e solucionalas no menor tempo posible, seguir ofrecéndoche os servizos que solicites, comprender mellor as túas preferencias e ofrecerche outros servizos que poidan adaptarse aos teus gustos ou necesidades.
Tes a posibilidade, de conformidade co disposto no artigo 5.1 d) da Ley orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Persoal, de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos teus datos persoais contidos nos ficheiros de AE Novo Milladoiro, solicitándoo por calquera medio que acredite o seu envío e recepción. En concreto, para exercer os teus dereitos podes dirixirte por escrito ao seguinte enderezo: rúa das Palmeiras, 19-baixo, Milladoiro, Ames, C.P. 15895 (A Coruña).
AE Novo Milladoiro mantén os niveis de seguridade de protección dos seus datos persoais de acordo co Real decreto 994/1999, do 11 de junio, sobre medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, uso indebido, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que se faciliten a AE Novo Milladoiro, sen prexuízo de que sexas plenamente consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.